pista

17,20€

mercar

A pista de area

Andrea Camilleri

Con sentido do humor e sutileza literaria, Andrea Camilleri escribe unha divertida novela policial ao tempo que desvela o temor ás pegadas do tempo.

Unha mañá, o comisario Montalbano descobre diante da súa casa o cadáver dun cabalo, sacrificado dun xeito brutal. ¿Trátase dunha ameaza, é un sinal ou un aviso? ¿Que sentido ten esa morte? A partir dese estraño achado, a investigación vaino poñer en contacto co luxoso e tamén ridículo mundo da equitación e da alta sociedade, cunha fermosa amazona e, en contraposición, cos primeiros síntomas da propia decadencia.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 260
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210 mm
  • Data Publicación : 2007-11-16
  • Colección : Biblioteca Compostela de Narrativa Europea
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-031-0
  • Edición : 1

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

9788491514053Atranco no bancoManuel Núñez Singala
9788491514060A sombra das árboresAna Abad de Larriva

Autor/a

camilleri

Camilleri, Andrea
Andrea Camilleri (Porto Empedocle, Sicilia, 1925-2019) publica a súa primeira novela, Il corso delle cose, no ano 1978, cando xa pasaba dos sesenta anos. A partir daquela, a súa obra non deixaría de medrar en títulos e en aceptación entre os lectores de todo o mundo. Á parte das novelas do inspector Montalbano, entre as que se pode salientar La forma dell'acqua (1994), Il cane di terracotta (1996) e La voce del violino (1998, Premio Flaiano), é autor dunha obra narrativa ampla, pola que obtivo o Premio Vittorini con Il birraio di Preston e o Premio Elsa Morante con La mossa del cavallo. Actualmente vive en Roma, onde imparte clases na Academia de Arte Dramático. Durante corenta anos foi guionista e director de teatro e televisión.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR