A ferida do vento

14,00€

mercar

A ferida do vento

Antón Riveiro Coello

En 1978, Antón ten quince anos e, logo de tres meses de internado, volve a Xinzo de Limia coa emoción de ver a súa primeria moza.

O avó Mauro, unha persoa peculiar que leva un rexistro dos tolos da vila, agarda por el no cuarto para lle dar unha nova que o deixará abraiado. A partir deste momento, Antón sentirá o peso do mundo e buscará nos personaxes extravagantes unha alianza para as feridas do amor e da vida.
Novela de formación, escrita cunha ollada lírica e sensible, onde o autor limiao non só nos ofrece un fresco humano da súa vila, poboada de personaxes memorables, entre os que figura o escritor Carlos Casares, senón tamén a reprentación exquisita do paso da infancia á adolescencia.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 144
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 20/10/2016
  • Colección : Literaria
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-735-7
  • Edición : 1
  • Nº na colección : 353
  • Observacións : 2ª impresión, decembro 2016 // 3ª impresión febreiro 2017

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo

homonimaHomónima16,00€

Actividades relacionadas


Novidades

a-senda-de-salA senda de salFran Fernández Davila
a-liberdade-no-seculo-xxiA liberdade no século XXIEnrique Sáez Ponte
o-cidadan-perfectoO cidadán perfectoRaquel Ricart Leal

riveiro coello

Riveiro Coello, Antón
Naceu en Xinzo de Limia, no ano 1964. Cursou estudios de Dereito na Universidade de Santiago e actualmente traballa na administración autonómica. Riveiro Coello é un dos narradores máis premiados dos xurdidos na literatura galega durante a pasada década. Ademais dun gran número de relatos en libros colectivos e revistas literarias ten publicadas as novelas Valquiria (1993, premio Camilo José Cela), A historia de Chicho Antela (1997), A quinta de Saler (1999), coa que foi finalista do premio Torrente Ballester, así como as recompilacións de relatos Parque Central(1996) e Airadas de palabras (1998), onde se recollen os contos que lle foron premiados nos certames Manuel Murguía e Modesto R. Figueiredo entre os anos 1991 e 1997. Con Animalia (2000) obtivo o premio Café Dublín corrrespondente a 1999. As rulas de Bakunin recibiu o premio García Barros en 2000, ano no que tamén logrou o Álvaro Cunqueiro de Narrativa con Homónima.

En 2007 publica en Galaxia A voz do lago, novela coa que se adentra na creación literaria para os lectores máis novos, e na colección Literaria Os ollos de K.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR