estraña estrela

17,90€

mercar

A estraña estrela

Xabier López López

Unha extraordinaria novela de aventuras que enfía sucesos históricos por medio da máis absoluta fabulación.

Un protagonista sometido a leis sobrenaturais e unha estrutura en caixas chinesas son os eixes deste libro. Corsarios turcos, senlleiros navegantes, amor e guerra nunha narración que arrastra o lector co pulo da liberdade creadora e o pracer de contar.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 224
  • Deseño : Rústica
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 2003-01-01
  • Colección : Literaria
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-8288-582-7
  • Edición : 1

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas


Novidades

grial-222Grial 222 VV.AA.

Autor/a

xabier lopez lopez

López López, Xabier
Xabier López (Bergondo, 1974) é autor dunha extensa obra narrativa que inclúe novelas coma Doutor Deus (1999), A estraña estrela (2003), A vida que nos mata (2003), Trinta e dous dentes (2007), Ca­deas (2013) e Olympia Ring, 1934 (2014), ademais do libro de relatos Os libros prestados (2010). Como escritor de literatura infanto-xuvenil publicou, entre outras obras, Biff, bang, pow! (1997, 2014), Cando Artur non era rei (2012) e O segredo da vella librería (2018). En castelán, obtivo en 2018 o Premio Juan March Cencillo de novela breve con Max & Franz. As súas obras foron traducidas para o castelán, o portugués, o inglés, o árabe e o chinés. Recibiu diversas distincións, entre elas o Premio Risco de Literatura Fantástica, os premios García Barros e Xerais de novela, o Premio da Crítica Española e o Lueiro Rey de novela curta.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR