Estás aquí:

Código: 322

A esfinxe de Amaranto

21,80  IVE INCLUIDO
A historia dunha familia con orixes no Oriente e na raia seca galega a través das voces das súas mulleres.
O autor de As rulas de Bakunin, coa que obtivera un impresionante éxito entre os lectores, cóntanos agora a cativadora historia dunha familia con orixes no Oriente e na raia seca galega a través das voces das mulleres que, máis que vivila, tiveron que padecela. Velaquí unha novela de lectura apaixonante, na que a prosa coidada, rítmica e engaioladora de Riveiro Coello acada ese punto álxido que apreixa e emociona o lector. Inesquecible polos seus personaxes, subxugante pola trama, maxistral pola sabia utilización dos recursos da narración, A esfinxe de amaranto vai descubrindo pouco a pouco ante o lector os segredos e as intrigas que, agochados de xeración en xeración, conforman a historia dunha estirpe con orixes no Oriente e na nosa raia seca. A novela preséntanos un extraordinario abano de personaxes creados coa materia viva da verdade. Desde a figura case mítica do fundador da familia, un portugués cun escuro pasado na colonia chinesa de Macau, ata Rosa, herdeira dos saberes culinarios transmitidos de xeración en xeración, a Verónica, última representante dunha saga de mulleres que loitan con todas as súas forzas por sobrevivir sen renegar da súa propia personalidade. A través deses personaxes imos participar nunha historia que comeza na actualidade, a carón das dunas de Corrubedo, na marabillosa paisaxe da praia do Vilar. Antón Riveiro Coello sitúa nunha noite, e na que ha ser unha última cea, o núcleo a partir do cal imos ir descubrindo a verdadeira historia. Inesquecible e emocionante procura no tempo e nas paixóns, A esfinxe de amaranto afonda nas raigames perdidas da vergonza e do remorso. Cunha prosa coidada, transparente e viva que consegue transmitir ao lector o alento dese pasado case mítico para constatar a conmoción reparadora da memoria.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 308
Deseño: Rústica
Data Publicación: 01/12/2003
Dimensións 135 x 210 mm.
Colección: Literaria
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-8288-645-9
Observacións:

AUTORES/AS

Antón Riveiro Coello
Antón Riveiro Coello

(Xinzo de Limia, 1964). É un dos autores de máis prestixio da narrativa galega actual e, entre a súa obra, traducida a varias linguas, destaca Valquiria (1996), Premio Camilo José Cela; Parque Central e outros relatos (1996); A historia de Chicho Antela (1997); A quinta de Saler (Galaxia, 1999), Finalista Premio Torrente Ballester; Animalia (Galaxia, 1999), Premio Café Dublín; As rulas de Bakunin (Galaxia, 2000), Premio García Barros; Homónima (Galaxia, 2001), Premio Álvaro Cunqueiro; Cartafol do Barbanza (2002); A esfinxe de amaranto (Galaxia, 2003); Limaiaé (2005); Casas Baratas (Galaxia, 2005); A voz do lago (Galaxia, 2007), Os ollos de K (Galaxia, 2007), Finalista Premio Novela Europea Casino de Santiago; As pantasmas de auga (2010); Laura no deserto (Galaxia, 2011), Premio da Crítica Española, Premio de Narrativa da AELG e Premio Frei Martín Sarmiento; Acordes náufragos (Galaxia, 2013); Os elefantes de Sokúrov (Galaxia, 2015), Premio Fervenzas Literarias; A ferida do vento (Galaxia, 2016), Premio Frei Martín Sarmiento; Á sombra dos bonsais (Galaxia, 2017); e O paraiso dos inocentes, Premio Torrente Ballester 2019 (Galaxia, 2020).

Foto do autor: © Mar Rodríguez

As súas obras

Á sombra dos bonsais
a-sombra-dos-bonsais
18.20€ CON IVE

COLECCIÓN

Literaria

1Q84. Libro 3
libro3
24.10€ CON IVE
1Q84. Libros 1 e 2
1q
27.40€ CON IVE
O sono das sereas (XI Premio Repsol 2017)
o-sono-das-sereas
16.70€ CON IVE
70º norte
9788411761420
21.95€ CON IVE
900
900
22.00€ CON IVE
A agonía das folerpas
9788491519201
24.40€ CON IVE
A beleza debe morrer
9788411760188
19.90€ CON IVE
A bisneta lercha
a bisneta lercha
14.70€ CON IVE