foto

12,90€

mercar

A escadeira de Jacob

Eduardo Blanco Amor

Unha nova lectura e ordenación da novela vangardista de Blanco Amor.

A escadeira de Jacob é o primeiro intento novelístico de Blanco Amor, quen comezou a súa redacción en 1927. Seis anos máis tarde publicáronse na revista Nós os seus tres primeiros capítulos, quedando o resto do material inédito ata esta edición na Editorial Galaxia. A novela, abordada cunha linguaxe literaria de gran modernidade, narra as peripecias de Jacob, un rico xudeu alemán que traballa en Bos Aires como apoderado dunha firma mercantil. Un bo día, mentres se mira nun espello, descobre no seu rostro un perfil lírico que impulsará un xiro radical na súa vida.

Os profesores A. Tarrío e B. A. Roig realizan nesta edición unha proposta de lectura e ordenación textual da novela a partir dos manuscritos do autor conservados na Biblioteca Blanco Amor da Deputación de Ourense.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 120
  • Deseño : Rústica
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 1993-03-01
  • Colección : Literaria
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-7154-867-2
  • Edición : 1

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas


Novidades

grial-222Grial 222 VV.AA.

Eduardo Blanco Amor

Blanco Amor, Eduardo
(Ourense 1897-Vigo 1979). A produción literaria de Blanco Amor comezou coa publicación de Romances Galegos (1928). A principios dos anos trinta entra en contacto con Castelao e con outros membros do Partido Galeguista e do Grupo Nós. Escribe Poema en catro tempos (1931) e desde Bos Aires colabora coa revista Nós.

Foi ademais o fundador e director do Teatro Popular Galego (1957). Antes de abandonar definitivamente América, Blanco Amor publicou A Esmorga (1959), libro que será nun dos grandes fitos da renovación da narrativa galega, e xa en Galicia leva ao prelo Os biosbardos (1962). Tras publicar unha nova edición de A Esmorga (1970) e a longa novela Xente ao lonxe (1972), centrou a súa produción no teatro (Farsas para títeres e Teatro pra a xente).


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR