A candidata

14,00€

mercar

A candidata

Miguel Sande

A crise afectou a moitas familias, traendo consigo non só dificultades económicas senón tamén emocionais.

O relato dunha desas quebras e o intento posterior de reconstrución é a cerna da novela coa que Miguel Sande obtivo o Premio García Barros. Narrativa intensa, de impacto, na que non se furta a súa capacidade ferinte, afastada de calquera mirada politicamente correcta. Escrita cunha linguaxe franca, dura e directa, tamén con momentos tenros. A candidada dá voz a unha desas familias, para que os seus membros -nai, filla e pai- relaten a súa historia. Ferinte. Impactante. Abrupta. Incorrecta. Algo estoupa para nos conmover e perturbar.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 136
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 2016-10-14
  • Colección : Literaria
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-736-4
  • Edición : 1

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo

vidaA vida fóra12,00€

Actividades relacionadas


Novidades

guedellasdesedaelino2017Guedellas de seda e liñoMaría Victoria Moreno
grial-214Grial 214 VV.AA.
unha-ducia-de-galegosUnha ducia de galegosVíctor F. Freixanes

miguel sande

Sande, Miguel
Naceu en Pastoriza, no Concello de Arteixo, no 1961. Comezou a escrita nos primeiros poemas e relatos que viron a luz nos atardeceres de Barrañán. Pero o primeiro libro publicado é Á alba pide comigo vivir, co que quedou finalista do Premio Nacional de Teatro Calderón de la Barca no ano 1984, convocado polo Instituto das Artes Escénicas, do Ministerio de Cultura. É o monólogo dunha moza universitaria unha noite do Apóstolo que no último curso da súa carreira universitaria decide abortar. Foi editado polos Servicios de Publicacións da Xunta, un libro que, según di o autor, contou co apoio de Ramón Piñeiro.

Anos despois, en 1998, publicou o segundo libro de teatro, Ninguén chorou por nós, tamén premiado, esta vez co Rafael Dieste, editado pola Deputación da Coruña, foi representado pola compañía Teatro Bruto (nunha adaptación libre). A estrea tivo lugar en setembro de 1999 no teatro Colón en Vigo.

No 2000 na Editorial Dixital na Universidade da Coruña publica 39 veces chao. Outro monólogo a través dun teléfono móbil: sete chamadas, que fixan as escenas, a frecuencia desas chamadas marcará o ritmo da obra.

Como poeta ten publicados varios poemarios, dos que se poden salientar: A palabra soterrada , un libro escrito no deserto sahariano, entre Túnez e Alxeria e editado en Espiral Maior no ano 1985. Está a piques de se publicar agora outro: «Furtivos». Publica en Laiovento no ano 1994 un libro de reflexións, de viaxes.

Gañou o I Premio Repsol YPF de Narrativa Breve coa novela Se algún día esta muller morta, editada por Galaxia.

Habitualmente adícase ao xornalismo: é delegado de La Voz de Galicia na Mariña lucense e no Occidente de Asturias. Vive en Viveiro.
En 2016 gañou o Premio de Novela García Barros coa obra 'A candidata'.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR