Xaime Isla Couto será despedido hoxe en Vigo

Categoría: Nova

Hoxe xoves, ás 17 horas, no Cemiterio de Pereiró de Vigo, será soterrado o galeguista, home bo e xeneroso, Xaime Isla Couto, cofundador e Presidente de Honra de Editorial Galaxia, Presidente de Honra da Fundación Isla Couto e Director de Honra da Revista GRIAL.
Posteriormente, ás 20 horas, celebrarase un funeral na Colexiata de Santa María de Vigo.
O histórico galeguista finou onte aos 96 anos de idade despois dunha vida entregada con paixón a Galicia e á nosa cultura. Foi un home pleno de intelixencia, xeneroso e vital ata o derradeiro instante. Un exemplo para os que, con esperanza, seguimos o seu ronsel.
(No noso blog deixamos hoxe artigos de distintas persoalidades arredor da figura de don Xaime).

Comparte nas túas redes sociais ou por email