Presentación de Galicia, o país das marabillas en Santiago de Compostela

Categoría: Evento, Nova

O día 30 de setembro, ás 19:30 h, realizarase a presentación de Galicia, o país das marabillas de Claudia Castro, na libraría picheleira Os mundos de Carlota.
Á capital compostelá asistirán a autora, Paula Carballeira e Francisco Castro, director xeral da editorial.
Velaquí unha nova visión, insólita, divertida e poética, sobre Galicia.
É unha viaxe por toda a nosa xeografía, chea de trampas e tesouros. Abre o libro. Dentro hai unha aventura ben fermosa.

Comparte nas túas redes sociais ou por email