Hoxe, 26 se setembro é o Día Europeo das Linguas, así foi proclamado polo Consello de Europa co apoio da Unión Europea o 6 de decembro de 2001. O seu obxectivo principal é fomentar o aprendizaxe de idiomas en toda Europa, entre todas as xeracións. O plurilingüismo fomenta o coñecemento e a cercanía con outras culturas, ademais de ter beneficios no desenvolvemento cognitivo entre os máis novos, funciona coma ponte entre diferentes pobos e invita a coñecer a riqueza doutras culturas. Todas as linguas son valiosas e importantes.
Esta celebración lémbranos a importancia de preservar e defender a nosa riqueza cultural e lingüística, aquela que nos diferencia e nos unifica nunha identidade plural e inclusiva fronte ás demais. Busca salientar a importancia de promover e protexer a nosa propia cultura, sen deixar de interesarnos pola riqueza e diversidade que existe en Europa. Promove a aprendizaxe permanente de linguas tanto dentro como fóra dos centros educativos.
En toda Europa existen arredor de 200 linguas nativas, sendo a Unión Europea a institución máis plurilingüe do mundo ao recoñecer 24 linguas oficiais.
Luzamos con orgullo o poder do noso sen olvidarnos de que vivimos nun mundo globalizado.