Os nenos da varíola, a nova novela de María Solar

Categoría: Nova

En 1803, os nenos do hospicio da Coruña, dependente do Hospital da Caridade, sobreviven a duras penas. Nin eles, nin a súa reitora Isabel Zendal, poden imaxinar de que maneira lles cambiará a vida a chegada do doutor Balmis e a súa expedición médica. Só o ilustrado doutor Antonio Pose y Roybanes coñece a envergadura do propósito destes homes que pretenden levar a recentemente descuberta vacina da varíola ata o Novo Mundo. Vinte e dous orfos procedentes de Santiago, A Coruña e Madrid conformarán unha cadea humana “brazo a brazo” para levar a vaciña aos territorios de ultramar nunha das maiores xestas médicas realizadas na historia da humanidade.
A partir do día 9 chega ás librerías, pero aquí tes o adianto do primeiro capítulo.
Descargar..

Comparte nas túas redes sociais ou por email