Escoller onde buscar

Sabela González entrevistada en Biosbardia por Sangue de lúa

Categoría: Nova

Hoxe aparece en Biosbardia unha interesante entrevista coa autora da saga As crónicas de Landereina, Sabela González. Está de actualidade porque acaba de publicar o último título da triloxía, Sangue de lúa, que se une a Bágoa de lúa e Feitizo de sangue.
Acaba unha triloxía pero confesa que seguirá a escribir dende a fantasía, porque “a min o corpo pídeme fantasía e mundos distintos, ficción e máis ficción. Supoño que bebo das lecturas que máis me marcaron e me tiraron. Con todo, o feito de ter creado unha saga, unha triloxía, é meramente circunstancial: pensei que a historia ocuparía de máis para unha primeira publicación dunha escritora novel e decidin dividila en tres”.
Sabela González fala das súas rutinas de escrita, das ferramentas de traballo, das lecturas que están na base da súa obra, pero tamén das series de televisión. Debulla paseniño a construción dos personaxes da saga e confesa que a maternidade non lle está a deixar tempo para novas lecturas nin para escribir, pero que agarda recuperar ese espazo para ela e darnos novas historias pronto.
Podedes ler a entrevista aquí.

Comparte nas túas redes sociais ou por email