Presentación de Máis aló do azul e do rosa na Coruña
O 1 de febreiro, na librería Moito Conto da Coruña, preséntase o libro Máis aló do azul e do rosa, de Ana Torres Jack. Ás 19.30 na compañía de María Luísa Abad e Francisco Castro e agardamos que tamén na túa. Malia todo o que se avanzou nos últimos anos en cuestión de igualdade entre […]
Sabela González entrevistada en Biosbardia por Sangue de lúa
Hoxe aparece en Biosbardia unha interesante entrevista coa autora da saga As crónicas de Landereina, Sabela González. Está de actualidade porque acaba de publicar o último título da triloxía, Sangue de lúa, que se une a Bágoa de lúa e Feitizo de sangue. Acaba unha triloxía pero confesa que seguirá a escribir dende a fantasía, porque […]
Os nenos da varíola, a nova novela de María Solar
En 1803, os nenos do hospicio da Coruña, dependente do Hospital da Caridade, sobreviven a duras penas. Nin eles, nin a súa reitora Isabel Zendal, poden imaxinar de que maneira lles cambiará a vida a chegada do doutor Balmis e a súa expedición médica. Só o ilustrado doutor Antonio Pose y Roybanes coñece a envergadura […]