Domingo Villar en Vigo

Categoría: Nova

Domingo Villar manterá hoxe un encontro cos seus lectores en Vigo, arredor da súa nova novela "A praia dos afogados", segunda entrega das protagonizadas polo inspector Leo Caldas, protagonista tamén da moi celebrada "Ollos de auga".

Nesta ocasión, o inspector terá que enfrontarse a un caso ben difícil: a aparición do cadáver dun mariñeiro coas mans atadas. A opinión común é que se trata dun suicidio. Sen embargo, Leo Caldas, non pode aceptar sen máis, ás primeiras, esa explicación.

Tamén hoxe o programa Libro Aberto, que emite a TVG ás 00.00 h, lle dedica a súa entrevista central.

Comparte nas túas redes sociais ou por email