Coloquio-presentación de MATERNOSOFÍA en Vigo

Categoría: Nova

A escritora Inma López Silva, acompañada da actriz Mariana Fernández e do Director de Edicións de Galaxia, Carlos Lema, presentarán e manterán un coloquio arredor do libro MATERNOSOFÍA no Centro de Recursos Feministas de Vigo ás 19 h.
Inma López Silva ofrécenos un diario dunha escritora que vive por primeira vez a experiencia da maternidade non se pretende dilucidar ese misterio nin ningún outro. Tampouco o da vida, nin moito menos o da escritura. Se é que son misterios. Cunha linguaxe coloquial, como quen dialoga permanentemente con quen le, o texto flúe ameno, enxeñoso, burlón. Non se trata de exaltar a maternidade senón de exaltar a escritura que dá algo a nacer. Realista, lúcido, reflexivo, bastante desmitificador. Nove meses de sensacións, impresións e cambios: gozar e sufrir coma nunha novela con final feliz. Unha declaración de principio: no parto está a sabedoría. A escritura detense aí, non se pode dicir máis: a historia sae á luz no libro.

Comparte nas túas redes sociais ou por email