Cociña na Feira do Libro da Coruña

Categoría: Nova

'A cociña dos Cunqueiro' o domingo, e 'As lambetadas de LARPEIROS' o luns, serán dúas das primeiras presentacións que a Editorial Galaxia organiza no marco da Feira do Libro da Coruña.
Así, o domingo, ás 20.30 horas presentaremos 'A cociña dos Cunqueiro', de Elvira González-Seco Seoane. No acto participarán César Cunqueiro, autor do limiar e fillo da autora, Miguel Vila, responsable da edición, e Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia.
Este receitario é o resultado da edición das receitas da dona de Álvaro Cunqueiro, espalladas por dez cadernos (que a Editorial Galaxia decidiu incluir tamén nalgunhas fotografías, canda algúns dos pratos) con as 2.000 receitas que Elvira, nada na mesma localidade de Mondoñedo co seu marido, legou ao seu fillo César.
Logo, o luns presentaremos, ás 20 horas, o libro da reposteira Merchi Rodal, 'As lambetadas de LARPEIROS'. A autora estará acompañada do cociñeiro Benigno Campos, do director do programa LARPEIROS, Xosé Cermeño, e de Xulio Amigo, director comercial de Galaxia.
A cociñeira de Cangas de Morrazo reuniu neste volume, máis de setenta receitas de repostería caseira, na que non faltan os grandes clásicos galegos -roscóns, biscoitos, madalenas, filloas, cremas…- e algunhas propostas cun toque mais personal.
En definitiva, dúas boas propostas…para ir abrindo boca na feira do libro da Coruña.

Comparte nas túas redes sociais ou por email