A fotografía de Blanco Amor chega a Poio

Categoría: Nova

A exposición A OLLADA DO DESEXO. Obra fotográfica 1933-1973 , que reúne boa parte das fotografías realizadas por Eduardo Blanco Amor, poderase visitar dende mañá e ata o 3 de marzo no Casal de Ferreirós.

O acto de inauguración terá lugar hoxe martes, ás 20.30 h, e contará coas intervencións de Silvia Díaz Iglesias, concelleira de cultura de Poio, Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, e Luciano Sobral Fernández, Alcalde de Poio.

Comparte nas túas redes sociais ou por email