A ESMORGA, película máis galardoada nos Premios Mestre Mateo

Categoría: Nova

No PALEXCO da Coruña celebrouse na noite do sábado a gala dos Premios Mestre Mateo que recoñecen as mellores producións audiovisuais de Galicia. A ESMORGA, película coproducida pola nosa editorial, foi a máis galardoada da noite, concretamente con seis premios, concretamente para o o actor Antonio Durán ‘Morris’, (que conseguiu dous premios a mellor actor de reparto, polo "Códice", e mellor protagonista por "A Esmorga"), mellor maquillaxe, música orixinal (para Zeltia Montes), vestiario (a Mar Fraga), dirección de fotografía (a Diego Romero Suárez-Llamos) e dirección de arte (a Ángel Amaro).

Comparte nas túas redes sociais ou por email