ESTAMOS NO VERÁN!!! é o título do traballo de Charo Pita (novela) e Xoán Curiel (música) que abriu a colección Sonárbore + Grandes de Galaxia. A primeira novela-disco de Galicia leva case que un ano percorrendo o país e enchendo alí onde ten ocasión de despregar o seu talento.
Desta volta, o pasado sábado, foi no Centro Cultural das Fontiñas. Xoán Curiel e Jara Ortiz conseguiron que un auditorio totalmente cheo se rendise ás músicas e aos xogos que estes dous amigos desexosos de formar unha banda, depregaron sobre o escenario. Logo da presentación do editor Francisco Castro, visionouse o novo vídeo do proxecto, realizado por Noel R. Queipo, e que axiña divulgaremos polas nosas redes sociais.