1Q84. A nova novela de Murakami

Categoría: Nova

Dous volumes de 500 páxinas conforman "1Q84", a nova aposta narrativa de Haruki Murakami, que hoxe ve a luz no seu orixinal xaponés. O obra aborda o medo e é tanta a demanda que a editorial xaponesa xa ten preparadas tres edicións listas para saír.

Haruki Murakami é, tamén, un dos nomes importantes do catálogo da Editorial Galaxia, de quen xa publicamos "Tras do solpor" e, recentemente, "Do que estou a falar cando falo de correr", que viu a luz incluso antes que a tradución ao castelán.

"1Q84" sairá na nosa lingua durante o ano 2010, e confirmará así a nosa decidida política de verquer ao galego aos máis sobranceiros autores e autoras da literatura mundial.

Comparte nas túas redes sociais ou por email