Xornada sobre Carlos Casares en Vigo

Categoría: Nova

Mañá, xoves 9 de novembro, celebrarase en Vigo na Casa Galega da Cultura, a partir das 17h, a segunda dunha serie de xornadas en torno á figura de Carlos Casares, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas deste ano que remata, e que están organizadas pola Fundación que leva o seu nome en colaboración coa Real Academia Galega.
No día de mañá, porase o foco sobre a figura do Casares editor, e abrindo as xornadas estarán Francisco X. Casares Mouriño, presidente da Fundación Carlos Casares, e Víctor F. Freixanes, presidente da RAG. A continuación, celebrarase unha mesa redonda, moderada por María Xosé Porteiro e na que intervirán, Manuel Bragado, Francisco Xavier Senín e Xosé Soutullo, director de produción desta Editorial, quen reflexionará sobre o papel clave de Carlos Casares como director á fronte de Galaxia entre 1986 e 2002. Concluirá o serán, o profesor e académico Xesús Alonso Montero, cunha conferencia sobre a actividade política de Casares na década dos 60.

Comparte nas túas redes sociais ou por email