Xoán Curiel en Arteixo

Categoría: Nova

Xoán Curiel, acompañado da súa banda Son + d2 estarán actuando no Auditorio de Arteixo, interpretando temas da súa novela-disco 'Estamos no verán!!!'
'Estamos no verán!!!' é unha novela-disco que nace da colaboración entre o músico Xoán Curiel e a escritora Charo Pita e na que se nos conta a historia de Xoán e Jara, amigo e amiga que, aproveitando os meses de vacacións do estío, soñan, e consiguen, facer un grupo musical.
Sobre as táboas do auditorio de Arteixo, o músico Xoán Curiel interpretará as cancións que sirven de banda sonora a esta historia que tan ben ilustrou Iván R.

Comparte nas túas redes sociais ou por email