Xa está aquí unha nova edición do Inspiraciencia

Categoría: Evento, Nova

Un ano máis chega o Inspiraciencia, o concurso de relatos de inspiración científica que organiza a Unidade de Cultura Científica da Delegación do CSIC en Cataluña e o Institut de Ciència de Materials de Barcelona, e no que a Editorial Galaxia colabora como unha das entidades convocantes dende o seu nacemento.
Os participantes poderán presentar relatos de temática científica dun máximo de 800 palabras escritos en calquera das linguas oficiais do estado (galego, catalán, euskaro ou español). Existen dúas categorías: unha para adultos (a partir dos 18 anos) e outra xuvenil (menores de 18 anos). Anímate a participar!
Podes consultar as bases ao completo aquí.

 

Comparte nas túas redes sociais ou por email