Xa á venda as camisetas de Mamá Cabra

Categoría: Nova

A xira de concertos que o grupo Mamá Cabra está a desenvolver por todo o país da man da nosa Editorial, trae con ela unha novidade importante como é a posibilidade de, ao remate do concerto, mercar unha camiseta para que os nosos nenos e nenas poidan levalas de recordo e, ademais, fachendear guapos e guapas o resto do ano. O deseño é da ilustradora dos dous libros-discos publicados en Galaxia, Kristina Sabaite. Están dispoñibles en dúas cores: verde e vermello. O prezo, económico e suxestivo: dez euros.
Pódense adquirir nos concertos ou entrando en contacto coa editorial no teléfono 986 43 21 00, por fax no 986 22 32 05 ou escribindo ao orreo electrónico: galaxia@editorialgalaxia.com
Un orixinal agasallo para o Día de Reis.

Comparte nas túas redes sociais ou por email