Volven os libros

Categoría: Nova

Están aqui. Os libros de verán, que nos acompañaron e aínda nos acompañan nestes derradeiros días de vacacións: lecturas na praia, na casa, no campo, no lecer e na conversa cos amigos… Libros para soñar, para viaxar, para pensar, para reflexionar, para discutir, para entender e compartir a vida, os seus problemas e as súas alegrías. Libros vivos, a carón de nós, na nosa lingua.
Despois destas catro semanas de descanso, Galaxia inicia nova tempada, novos proxectos e novos soños, que iremos debullando nestas fiestras de comunicación en sucesivas entregas. Para empezar, ¡aquí estamos! ¡Aquí seguimos!

Comparte nas túas redes sociais ou por email