Un teatro máis que completo

Categoría: Nova

O teatro ten sona, o teatro editado dicimos, de ser a “irmá pobre” do mundo da edición, na medida en que é moi difícil que os textos dramáticos traídos para o papel sexan consumidos nas librerías. Mais non é o caso do Teatro Completo de Álvaro Cunqueiro, un autor que o foi total e que esperta todo o interese dos milleiros de lectoras e lectoras que ten no noso país e fóra de Galicia.
Iso explica que libros como DON HAMLET E OUTRAS PEZAS chegue estes días á sexta edición, pero no formato novo no que o publicamos dende 2007, pois, dende a súa publicación, son, sen dúbida, moitas máis.
O teatro de Cunqueiro, dende logo que si, podemos dicir que el que o é, completo.

Comparte nas túas redes sociais ou por email