Terra de soños

Categoría: Opinión

 Contaba Darío Xohán Cabana que, despois de corenta anos, lle custaba lembrar exactamente o que quería expresar coa letra de O lobo, da que collemos o título do espectáculo; eran tempos complicados politicamente e el amosou a mesma sabedoría da tradición musical galega

que soubo dicir durante anos tantas cousas sen poder ou querer dicilas claramente.

Despois de 20 anos, en Fuxan os Ventos decidimos volver para presentar a nosa Terra de Soños, onde queriamos facer un repaso actualizado pola historia e traxectoria do grupo.

Outra vez enriba dun escenario, arroupados nesta ocasión de moitos e bos amigos e amigas músicos, cantantes, creadores… para presentarnos diante dun público, que era o de sempre e á vez novo, e que nos agasallou coa súa complicidade na busca da Terra de soños.
Presentamos o espectáculo nas principais cidades galegas e deixamos un disco e DVD como reflexo; custounos traballo volver, pero sei que será moito máis difícil baixar do escenario, nunca deixaremos de soñar! 

www.fuxanosventos.net

Comparte nas túas redes sociais ou por email