A escritora Anxos Sumai, autora da moi premiada 'A lúa da colleita' estará asinando exemplares na Feira do Libro de Pontevedra, mañá, na caseta da librería Paz.
Así, todas as lectoras e lectores que queiran achegarse a partillar un intre e que lles asine calquera dos libros por ela publicados, teñen este venres unha ocasión magnífica para facelo e levar para casa os libros dedicados.
Sen dúbida, un dos instantes máis interesantes de calquera feira do libro, o encontro das lectoras e lectores con aqueles que escribiron eses soños deliciosos que viven nos libros e na literatura.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR