A lista honra de la Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil selecciona os mellores títulos publicados cada ano en todas as linguas oficiais do Estado.
Un total de seis títulos de Editorial Galaxia aparecen este ano no Catálogo Literatura Infantil y Juvenil de España. Selección OEPLI 2020, unha escolma elaborada pola Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil xunto ás súas seccións territoriais, o Consejo General del Libro, ClijCat, Galtzagorri y Gálix, e en colaboración co Ministerio de Cultura y Deporte.
As obras destacadas da Editorial Galaxia repártense en categorías por idades: a partir de 6 anos, inclúense A viaxe de Ana, de Alberte Momán, Mar de mazá, de Elvira Ribeiro Tobío, e O dragón que non botaba lume, de Carlos López; dende os 9 anos, recoñécense Carabela, de Paula Carballeira e Porque te quero, de Baldo Ramos, mentres que a partir de 12 atopamos O enigma do baúl pechado, de Xosé A. Neira Cruz.
O catálogo conta cun prestixio e grande relevancia á hora de elixir os mellores lanzamentos do ano en literatura infantil e xuvenil en todas as linguas oficiais en España. Un subsector do Libro que, segundo a última Panorámica de la edición española de libros, ademais continuar cun incremento de produción editorial é o segundo con maior porcentaxe de traducións (ao inglés, francés, castelán e alemán), cun 27,3%.
De aí a importancia de presentar a lectores, editores e axentes literarios unha selección bibliográfica significativa dentro do amplo panorama da literatura infantil e xuvenil de toda España e o valor de formar parte dela.