A obra cumio de Xosé María Díaz Castro é 'Nimbos', poemario que estaba xa no noso catálogo dende hai tempo pero que necesitaba unha revisión que fixase o texto definitivamente. E a persoa axeitada para facelo era o poeta, e amigo persoal do persoeiro homenaxeado este ano co Día das Letras Galegas, Luis G. Tosar. Para preparar esta nova edición de 'Nimbos', Tosar centrouse na versión aprobada por Díaz Castro no seu día.
Esta semana entrou no noso almacén a segunda edición publicada nalgo máis dun mes, o que confirma a grande aceptación deste poemario que vía a luz en 1961 e que, case dende o primeiro instante da súa publicación, era considerado como un clásico indubidable por poemas como 'Penélope', preñado dunha altura lírica dificilmente superable.
Neste o seu ano, estamos certos de que han chegar moitas máis reedicións tanto da súa obra como dos libros que a estudan a quen este ano a Real Academia Galega dedicou o Día das Letras Galegas.