Ramón Villares recibe a medalla da Universidade de Lisboa

Categoría: Nova

O catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela e presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares Paz, recibirá este xoves a medalla do Instituto de Ciencias Sociais da Universidade de Lisboa como "investigador honorario".
Segundo informou a USC nun comunicado de prensa, o profesor Villares, que será presentado por José Sobral, recibirá a mención da institución no acto de apertura do ano académico. Doutor en Historia (1980) e catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela dende 1987, foi tamén investigador principal de cinco proxectos de investigación (CYCIT e Xunta de Galicia), así como de varios convenios de asistencia técnica.
En Galaxia ten publicado 'Historia de Galicia'. Tamén é membro do consello de redacción de Grial.

Comparte nas túas redes sociais ou por email