O Banco del Libro de Venezuela -institución sen ánimo de lucro con prestixio internacional dedicada á elaboración de plans de fomento de lectura, estudos sobre prácticas lectoras e control de calidade do material elaborado para nenos e mozos en todo o mundo- acaba de facer pública a selección correspondente a 2006 na que, segundo o criterio dos seus lectores e asesores (entre os que se atopan editores, escritores, docentes e investigadores de distintas nacionalidade), se salienta a calidade de dez obra destinadas ao público xuvenil como as mellores do mundo. Nesta selección, a Editorial Galaxia cábelle o orgullo de anunciar que un libro publicado dentro da colección Costa Oeste foi seleccionado entre esa decena de mellores publicacións para mozos. Trátase da novela O armiño dorme, de Xosé A. Neira Cruz, anteriormente galardoada co Premio Raíña Lupa da Deputación da Coruña.
Máis información:
http://www.bancodellibro.org.ve/portal/index.php?option=com_content&task=view&id=293&Itemid=188