Xosé Neira Vilas é un clásico contemporáneo. A súa voz leva acompañándonos décadas, e como se adoita dicir, é imposible entender a existencia dunha Literatura Infantil e Xuvenil sen o seu concurso fundacional, aquel que conseguiu hai médio século con 'Memorias dun neno labrego'. Outro tanto cabe dicir ao respecto dos outros xéneros, practicamente todos, que el ten tocado con éxito.
En Galaxia botamos a andar hai tempo a Biblioteca Neira Vilas que agora ve un novo título sair do prelo. 'Querido Tomás' é outro dos libros referenciais do autor de Gres e estes días chega nunha nova edición ás librerías.

Nesta obra, Sara, unha mestra rural, recorda a Tomás, o seu amor de adolescencia, que marchou para o Brasil con dezanove anos e nunca máis soubo del. Nos días de agosto, sen a compaña dos nenos da escola, dóese da súa soidade e evoca o tempo ido. Son os anos da guerrilla antifranquista, do contrabando do wolfram. Tempos de racionamento, de represión e de precariedade que Neira Vilas recrea con man maxistral neste emotivo monólogo.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR