Nesta fin de semana chegarán por unha banda, moreas de agasallos. Que non falten libros, en especial, para os máis pequechos. Eles son o futuro. E é importante que lean. A oferta é enorme. De certo que haberá cando menos un volume do seu agrado. Darlles de ler é darlles tamén de comer o compango necesario para acrecentarlles a alma. Por outro, chegarán montes de bos propósitos e centos de mensaxes de amor. Que estes derradeiros perduren. Que non nos falten nunca.
Que todas as noites sexan noitesboas.