Esta semana irá entrando nas librerías todas do país a 'Poesía galega completa' que publicamos en edición de Armando Requeixo.
Nunha coidada edición en tapa dura, patrocinada pola Área de Cultura da Deputación de Lugo, feitura á altura do poeta a quen este ano dedicamos o Día das Letras Galegas, os lectores e lectoras poderán acceder ao legado poético do escritor desa obra emblemática que é 'Nimbos' e que, precisamente pola súa forza e potencia, ten escurecido o resto da súa produción lírica.
Daquela, un dos obxectivos desta publicación é sacar á luz un Díaz Castro alén desa obra, un poeta grande que ficaba por descubrir. Compilar toda esoutra produción poética en galego -édita e inédita- e dála a luz a canda o seu referencial poemario é o obxecto deste volume.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR