Programa da homenaxe a Agustín Fernández Paz, Premio Trasaba 2014

Categoría: Recensión

O vindeiro domingo 29 de xuño celebraremos na Casa Grande de Trasalba, a entrega do premio do mesmo nome ao escritor Agustín Fernández Paz.
De seguido, deixamos o programa completo dunha das citas ineludibles da cultura galega.

PROGRAMA

9,30 horas
Dianas e alboradas

10,30 horas
Reunión do Padroado da Fundación Otero Pedrayo
na biblioteca do Centro de Estudos Oterianos

12,00 horas
Misa votiva en memoria de Ramón Otero Pedrayo, oficiada por Manuel Cabada Castro, na igrexa parroquial de San Pedro de Trasalba

12,30 horas
Actuación da agrupación folclórica Queixumes dos Pinos, de Ourense

12,45 horas
Acto literario no auditorio da Casa Museo Ramón Otero Pedrayo. O neno na escola.
Intervención de Lucía Castro Reboreda

Homenaxe a Agustín Fernández Paz
XXXII Premio Trasalba
Laudatio de Francisco Castro

Presentación do libro Agustín Fernández Paz. Na casa da esperanza

Intervención de Agustín Fernández Paz

14,15 horas
Xantar de amizade no souto de Trasalba

Comparte nas túas redes sociais ou por email