Estás aquí:

Código: 1688

Unha lúa na fiestra

esgotado
Cinco contos fantásticos cos nenos e as nenas como protagonistas.
Este libro está formado por cinco relatos que sorprenden polo seu carácter interactivo, pola súa perfecta adecuación ao traballo nas aulas e pola súa agradabilísima lectura. No conto que lle dá título ao libro a nena que o protagoniza recibe durante a noite de San Xoán a visita dunha nova e rara amiga. A máquina do tempo propón a reflexión sobre un futuro que está en mans dos lectores. En A sombra do dragón, Marta experimenta a opresión e o medo a través da inxustificada dureza dun profesor. Tareixa e a cama máxica introdúcenos nunha aventura na que se mesturan realidade e imaxinación. O rescate das palabras conta a rebelión dos rapaces de Vilabranca contra as ridículas ordes dun gobernador empeñado en prohibir o uso de calquera palabra que conteña a letra P.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 108
Deseño: Rústica
Data Publicación: 01/11/1997
Dimensións 116 x 202 mm.
Colección: Árbore a partir de 10 anos
Nº na colección:
Edición: 2ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-7154-905-1
Observacións:

Eventos relacionados con este libro

AUTORES/AS

Fernández Paz, Agustín
agustion fdez

Naceu en Vilalba no ano 1947 e finou en Vigo en 2016. Mestre e licenciado en Ciencias da Educación, desenvolveu a súa actividade profesional no ensino. Despois de exercer o maxisterio en diversos centros escolares, traballou no gabinete de estudos para a Reforma Educativa e, nos seus últimos anos, foi coordenador docente de Lingua Galega na cidade de Vigo. Aínda que foi autor de moitos traballos sobre cuestións pedagóxicas e relacionadas coa literatura infantil e a normalización lingüística, Fernández Paz debe a súa popularidade como escritor á súa obra narrativa, recoñecida dentro e fóra de Galicia con numerosos premios. En 2008 recibiu o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil pola súa obra O único que queda é o amor. En 2011 foille concedido o VII Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil e Xuvenil. En 2012 foi nomeado Doutor Honoris Causa pola Universidade de Vigo.

Entre os seus libros destacan A cidade dos desexos (1989), As flores radiactivas (1989, premio Merlín), Contos por palabras (1990, premio Lazarillo), Lonxe do mar (1991), O tesouro do dragón Smaug (1992), As tundas do corredor (1993), Rapazas (1993), Trece anos de Branca (1994, premio Edebé) e Unha lúa na fiestra (1997).
En 2014 foi distinguido co Premio Trasalba da Fundación Otero Pedrayo.

As súas obras

Unha lúa na fiestra
foto
esgotado

COLECCIÓN

Árbore a partir de 10 anos

A avoa e mais eu
foto
esgotado
A bolsa amarela
bolsa amarela
esgotado
A cadeliña rariña
cadeliña rariña
esgotado
A mamá que perdeu as cóxegas
A mamá que perdeu as cóxegas
11.80€ CON IVE
A marela Tarabela
marela tarabela
10.20€ CON IVE
A toupiña cegarata
a toupiña cegarata
13.50€ CON IVE
A verdadeira historia da mosca da tele
mosca
11.50€ CON IVE
A verdadeira historia do burro Feldespato
historia feldespato
esgotado