Alá no alto, por riba das túas cellas, das árbores, das nubes, era onde habitaba a queixeira Petroski. Vivía na lúa, por iso podemos chamala unha “lunática”. Traballaba arreo facendo queixos. Nas noites de lúa chea facía queixos redondos, nas noites de lúa crecente facía metades de queixo, e nas noites de lúa decrecente facía metades de queixo e dáballes a volta. Cando había lúa nova descansaba, xa que non quedaba rastro da lúa no ceo.
Comparte nas túas redes sociais ou por email
Detalles do libro
Páxinas: 32
Deseño: Cartoné
Data Publicación:
Dimensións 240 x 210 mm.
Colección: Álbumes
Nº na colección: 29
Edición: 1ªª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-736-8
Observacións:
AUTORES/AS
De Toro, Paloma
(1985) Mestra de inglés. Colabora cun texto no Manifesto 25 N da editorial Alvarellos, premiada pola RAG no certame Microrrelatos co texto Non te gastes.