Estás aquí:

Código: 1944

Poesía

24,15  IVE INCLUIDO
Por primeira vez publícase reunida nun volume a obra poética de Ramón Otero Pedrayo, en edición de Xesús Alonso Montero, libro no que se recollen tanto poemas éditos coma inéditos do autor de "Bocarribeira".
A obra poética de Ramón Otero Pedrayo é unha obra rica e multiforme. Escritos entre 1925 e 1975, dos noventa e cinco poemas incluídos en Poesía, algúns moi extensos, vinte e cinco son inéditos. O libro recolle tamén poesía en castelán e poemas traducidos doutras linguas coma o latín, o francés e o alemán. Así e todo, e como advirte Alonso Montero na introdución, o volume "non ofrece a obra poética completa" de Otero Pedrayo aínda que recolla a totalidade dos poemas éditos e unha boa parte dos inéditos, pois non se inclúen poemas incompletos, ou en fase de borrador, do que é un corpus poético de manuscritos certamente grande.

Trátase dunha compilación "representativa, no esencial, de Ramón Otero Pedrayo como poeta" xa que, como afirma Alonso Montero, "os textos que se exhumen no futuro limitaranse a reforzar e ampliar a figura e os acordes que o presente volume ofrece da súa poesía". Poesía como celebración e homenaxe, como meditación diante da paisaxe; versos goliardescos e de amizade arrequentados polo galego esplendoroso e inesgotable do seu autor.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 364
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 23/06/2010
Dimensións 135 x 210 mm. mm.
Colección: Biblioteca Otero Pedrayo
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9865-296-3
Observacións:

AUTORES/AS

Otero Pedrayo, Ramón
Otero Pedrayo

Ramón Otero Pedrayo (Ourense, 1888-1976) é unha das máis sobranceiras figuras da Historia da cultura galega. Membro destacado da Xeración Nós, a súa traxectoria vital e intelectual vai dende as cortes republicanas, nas que foi deputado galeguista, ata a presidencia de Editorial Galaxia, cargo que desempeñou ata a súa morte. Foi tamén presidente do Seminario de Estudos Galegos e catedrático de Xeografia na Universidade de Santiago. Otero Pedrayo foi un escritor que cultivou todos os xéneros literarios, dende a poesía ao teatro, pasando pola novela, o relato, o xornalismo e, por suposto, o ensaio. Da súa obra literaria cómpre salientar as novelas Os camiños da vida (1928), Arredor de si (1930) e O señorito da Reboraina (1960), os ensaios sobre a paisaxe e a cultura de Galicia, o poemario Bocarribeira (1958) e a súa achega ao eido teatral.

As súas obras

O señorito da Reboraina
9788491514817
23.00€ CON IVE

COLECCIÓN

Biblioteca Otero Pedrayo

Arredor de si
9788491510437
16.90€ CON IVE
Camino de Santiago. Guion para una película
camino-de-santiago-2
16.30€ CON IVE
Contos de Santos e Nadal
santos
16.30€ CON IVE
Contos do camiño e da rúa
camiño
16.30€ CON IVE
Lembranzas do meu vivir I. O meu século XIX. Os tempos do instituto. Ourense, 1898-1904
97884915145634
24.50€ CON IVE
O señorito da Reboraina
rebor
24.35€ CON IVE
Poesía
poesia
24.15€ CON IVE
Una historia del arte
historia del arte
36.70€ CON IVE