12,50€

mercar

Os xogos olímpicos de Ningures

Pinto & Chinto

Para saborear o éxito olímpico!

Así empeza este divertidísimo libro que tes nas mans: "Outros Xogos Olímpicos pasarán á Historia por ser os mellor organizados. Outros Xogos Olímpicos pasarán á Historia por ser os que viron bater un maior número de récords. Pero os Xogos Olímpicos de Ningures pasarán á Historia por ser os máis estrambóticos e divertidos. Como país organizador, Ningures puido presentar os seus atletas, que ata entón nunca participaran nunhas Olimpíadas. O equipo olímpico ninguriense formábano un grupo de deportistas, cadaquén máis estrafalario, protagonistas dunha presa de anécdotas que a continuación pasamos a relatar".

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 80
  • Deseño : Rústica
  • Dimensións : 130 x 200 mm.
  • Data Publicación : 2015-11-05
  • Colección : Árbore a partir de 10 anos
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-416-5
  • Edición : 1

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

Taracea marroquí 1935Eduardo Blanco Amor
Obra dramáticaÁlvaro de las Casas
Ensaios sobre GaliciaXohán Vicente Viqueira
Os camiños da vidaRamón Otero Pedrayo

, Pinto & Chinto
David Pintor (A Coruña, 1975) e Carlos López (Boimorto, 1967) levan traballando como humoristas gráficos en diferentes xornais galegos dende o ano 1993. Hoxe son xa a principal referencia da caricatura política en Galicia. No ano 2001 comezan a súa exitosa incursión na literatura infantil, e despois de máis de 20 libros, convertéronse nuns dos autores máis premiados de Galicia. Así o confirman os numerosos recoñecementos que obtiveron: o premio Merlín, o premio Raíña Lupa, a selección na Feira internacional de Boloña, a selección na Bienal internacional de Bratislava, o premio Pura e Dora Vázquez, o premio Frei Martín Sarmiento, nominados varias veces nos premios da AGE, e a selección na mostra internacional "Sueños en papel" en México.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR