Estás aquí:

Código: 732

Os hemisferios

14,35 € IVE INCLUIDO
Escrito para que as persoas entren nos poemas, Os hemisferios concibiuse para entender, por iso tamén é unha pregunta.
Árbores e planetas, terra e ceo, lúa e sol crean o acubillo no que se gorecen as voces. A palabra, a fala e os falares relacionan directamente a poesía co que está fóra dela. O interior é exterior, e viceversa: a aparencia é a realidade. Estes poemas, coma o xeo, amosan e ao mesmo tempo velan. A poesía raña a superficie da linguaxe, deixa marcas, pegadas do seu paso. Con sutil delicadeza, María do Cebreiro (Compostela, 1976) rexístraas e avisa da súa presenza.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 100
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 26/06/2008
Dimensións 12 x 22 cm mm.
Colección: Dombate (Poesía)
Nº na colección:
Edición: 2ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-8288-940-5
Observacións:

AUTORES/AS

Rábade Villar, María do Cebreiro
María-do-Cebreiro-©Laura-Dalama

María do Cebreiro (Santiago de Compostela, 1976) é poeta e profesora de Teoría da Literatura e Literatura Comparada na Universidade de Santiago de Compostela. É autora de ensaios, antoloxías e de máis dunha ducia de poemarios entre os que destaca a triloxía composta por Os inocentes (2014), O deserto (2015, Premio da Crítica Española e Premio da Crítica de Galicia), e A lentitude (2017). No ano 2004 publicou o libro infantil Dona e don (Galaxia); en 2005 publicou o ensaio Terceiras mulleres (Galaxia) e o ano seguinte o poemario Os hemisferios (Galaxia), ao que seguiu A herba de namorar (Galaxia, 2019). En 2011 publicou o ensaio Fogar impronunciable. Poesía e pantasma, ao que seguiría Maternidades virtuosas. Unha crítica aos modelos profesionais de crianza (Galaxia, Premio Ramón Piñeiro de Ensaio, 2021).

É autora do ensaio introdutorio de 8 ensaios sobre Rosalía, publicado co gallo do 75 aniversario da Editorial Galaxia.

As súas obras

A herba de namorar
a-herba-de-namorar
17.10€ CON IVE

COLECCIÓN

Dombate (Poesía)

Os hemisferios
hemisferios
14.35€ CON IVE
Poesía galega completa
poesia galega
27.20€ CON IVE