Escolma de lendas populares árabes, dirixidas aos lectores novos.
Desde as mil e unha noites, a cultura árabe é o aconchego e a orixe de moreas de contos e lendas. Moitas das súas historias chegaron a nós por transmisión oral e foron contadas de múltiples maneiras.
Coa axuda do enxeño, as lendas árabes ensínannos a confiar máis en nós mesmos, a superar as dificultades e deixar de lado o egoísmo. A escritora Rosa Aneiros achéganos a estas historias apaixonantes con toda a forza e a imaxinación da primeira vez que foron contadas. Coa emoción e a viveza dos pobos que as fixeron nacer.

(Meirás-Valdoviño, 1976) é xornalista e traballa no Consello da Cultura Galega. Entre a súa extensa obra narrativa destacan: Resistencia (2003), Sol de inverno (2009), Ás de bolboreta (2009), Xelís, o guieiro das botellas de mar (2019), Tres bichicomas, dúas illas e unha serea (2020) e A noite das cebolas (2024). Recibiu importantes galardóns literarios, como o Premio Losada Diéguez de Creación Literaria, o Xerais de Novela, o Merlín de Literatura Infantil, o Follas Novas, o Arcebispo Xoán de San Clemente e o Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade.
Foto da autora de Teresa Navarro Quinteira