Que é o Patrimonio Cultural Inmaterial? Onde o atopamos? E como podemos coñecelo, coidalo e transmitilo ás novas xeracións? Este libro achéganos ao Patrimonio Cultural Inmaterial desde unha perspectiva galego-portuguesa e ofrece ferramentas para comprendelo e incorporalo á educación e á vida das comunidades. A experiencia de Ponte…nas ondas!, proxecto recoñecido pola UNESCO como “modelo de boas prácticas para a salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial”, percorre estas páxinas como un exemplo de como o patrimonio pode converterse nunha poderosa ferramenta para educar, unir xeracións e territorios, favorecer o diálogo intercultural e fortalecer os vínculos comunitarios. Un libro para aprender, reflexionar e, sobre todo, para descubrir que o patrimonio non é só unha herdanza do pasado, senón unha realidade viva que construímos no presente e transmitimos cara ao futuro.
é antropólogo sociocultural e profesor da Escola de Ciencias Humanas e Sociais da Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro. Doutor en Antropoloxía e Turismo, é agregado en Antropoloxía polo Instituto Universitário de Lisboa, e en Turismo, Património e Território pola Universidade de Coímbra, ademais de investigador do Centro em Rede de Investigação Antropológica
é profesor de Lingua e Literatura Galega de Ensino Secundario. Desenvolveu proxectos de innovación educativa desde diferentes centros de ensino de primaria e secundaria. Desde o vídeo e a radio escolar ao “radiovisual” foi creando iniciativas que deron orixe ao proxecto Ponte…nas ondas!, que ten como obxectivo salvagardar o patrimonio cultural inmaterial na fronteira luso-galega.