O neno canFrancisco CastroFina CasalderreyO libro entrou en 2013 na LISTA DO CENTRO IBBY DE DOCUMENTACIÓN PARA NENOS CON DIFICULTADES ESPECIAIS O neno can é un libro de relatos nos que quixeron abordar asuntos relacionados cos dereitos da infancia, ou máis ben, coa falta de dereitos básicos que unha parte moi importante dos nenos e nenas do mundo padecen hoxe en día. Así, cóntannos historias deses cativos que teñen que sobrevivir remexendo nos colectores de lixo; a epopea desas nenas obrigadas a casar con homes adultos cando aínda nin deixaron as bonecas; a discriminación de quen é diferente por calquera motivo e así carne de canón social. A artista Patricia Castelao puxo o punto plástico perfecto para que poidamos gozar dun libro que, ademais de apostar pola xustiza e a liberdade, nos agasalla cunhas historias cheas de vida, a pesar da crueza das realidades que conta, e que van engancharnos dende a primeira liña. |
RecensiónsDetalles
Noticias relacionadasO NENO CAN e O SABRE DO FRANCÉS2012-08-07 12:44:02 Presentouse O NENO CAN en Pontevedra2012-08-07 12:44:02 Presentación de O NENO CAN en Vigo2012-08-07 12:41:22 Presentouse 'O neno can' en Vigo2012-08-07 12:41:22 O NENO CAN entra na LISTA DO CENTRO IBBY DE DOCUMENTACIÓN PARA NENOS CON DIFICULTADES ESPECIAIS2013-01-14 22:12:13 Tres obras de Galaxia, finalistas dos premios da AELG2013-04-02 18:43:53 Dous libros de Galaxia, finalistas do Premio Frei Martín Sarmiento 20132013-10-15 09:21:42 María Solar, Fina Casalderrey e Francisco Castro gañan o Premio Frei Martín Sarmiento2014-06-09 17:01:18
Obras do autor en catálogo
Actividades relacionadasPresentación de O NENO CAN2012-05-16 12:30:00 Presentación de O NENO CAN en Pontevedra2012-05-31 20:00:00 Presentación de O NENO CAN en Vigo2012-07-06 20:00:00
Novidades
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|