Estás aquí:

Código: 1573

O home traveseiro

18,00  IVE INCLUIDO
Na cidade de Kamenice,
nun lugar indeterminado da europa Central, varios meniños e meniñas desaparecen. Os detectives Tupolski e Ariel deteñen e levan á comisaría dous irmáns, Katurian e Michal, logo dun rexistro na súa casa, onde atoparon probas que os poderían incriminar. O primeiro é un escritor de relatos que traballa no servizo de limpeza do matadoiro da cidade, mentres o segundo acode a un centro ocupacional para persoas con diversidade cognitiva. A medida que progresa o seu interrogatorio iranse ofrecendo detalles da vida de ambos, saberemos o tipo de relatos que escribe o maior dos irmáns e coñeceremos a sorte dos nenos e nenas desaparecidos. Pero tamén poderemos ler algunhas historias especialmente arrepiantes na mellor tradición da literatura popular infantil.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 172
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación:
Dimensións 135 x 210 mm.
Colección: Biblioteca ESAD
Nº na colección: 13
Edición: 1ªª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151301-8
Observacións:

AUTORES/AS

McDonagh, Martin
martin-macdonagh

(Londres, 1970) é un dos autores dramáticos máis relevantes da escena británica e irlandesa das pasadas décadas, desenvolvendo igualmente unha notable carreira no eido do cine, como escritor de guións e director. En ambos os campos recibiu numerosos premio, desde un Oscar á mellor curtametraxe por Six Shooters (2005) ata un Globo de Ouro por Three Billboards Outside Ebbing, Missouri (2017). Como dramaturgo recibiu o Premio Lawrence Olivier en tres ocasións e foi finalista nos Tony en catro. Unha parte importante da súa obra, como A raíña da beleza de Leenane, Un cranio furado, Oeste solitario, O tolleito de Inishmaan e O home traveseiro, foi representada en Galicia, onde tamén obtivo numerosos premios e unha moi favorable acollida da crítica.

As súas obras

O home traveseiro
o-home-traveseiro
18.00€ CON IVE

COLECCIÓN

Biblioteca ESAD

O home traveseiro
o-home-traveseiro
18.00€ CON IVE
Obra dramática. De Arbor, Rita, Sue e Bob tamén Shirley
obra-dramatica-andrea-dunbar
21.90€ CON IVE