McDonagh, Martin

martin-macdonagh
McDonagh, Martin

(Londres, 1970) é un dos autores dramáticos máis relevantes da escena británica e irlandesa das pasadas décadas, desenvolvendo igualmente unha notable carreira no eido do cine, como escritor de guións e director. En ambos os campos recibiu numerosos premio, desde un Oscar á mellor curtametraxe por Six Shooters (2005) ata un Globo de Ouro por Three Billboards Outside Ebbing, Missouri (2017). Como dramaturgo recibiu o Premio Lawrence Olivier en tres ocasións e foi finalista nos Tony en catro. Unha parte importante da súa obra, como A raíña da beleza de Leenane, Un cranio furado, Oeste solitario, O tolleito de Inishmaan e O home traveseiro, foi representada en Galicia, onde tamén obtivo numerosos premios e unha moi favorable acollida da crítica.

As súas obras

O home traveseiro
o-home-traveseiro
18.00€ CON IVE