Estás aquí:

Código: 1625

O gato metido nun saco

7,60  IVE INCLUIDO

Catro rapaces á busca de aventuras

Calo, Tino, Turbo e Manuel coñecen a don Matías, un vello de corpo grande e mans inmensas que é dono dunha tenda de animais. Nela hai coellos, hamsters, tordas, papagaios, periquiños, xílgaros, cadelos, monos, peixes e sapoconchos. Don Matías tamén ten un gato, pero este non é para vender, pois forma parte da familia. Os catro aventureiros acabarán facendo algunhas trasnadas, especialmente co gato e cun galo. Pero no fondo non son malos rapaces.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 96
Deseño: Rústica
Data Publicación: 01/02/1997
Dimensións 115 x 204 mm.
Colección: Árbore a partir de 10 anos
Nº na colección: 1
Edición: 5ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-7154-607-4
Observacións:

Novas relacionadas con este libro

Eventos relacionados con este libro

Recesións relacionadas con este libro

AUTORES/AS

Avendaño, Alberto
Alberto-Avendano

(Vigo, 1957) é escritor e xornalista cunha carreira profesional en dous mundos (en Galicia coa TVG e nos Estados Unidos con The Washington Post), e en tres idiomas (galego, castelán e inglés). Con Antón Reixa e Manuel M. Romón forma parte do Grupo de Comunicación Poética Rompente (1976-1983), vangarda literaria durante a transición democrática española, onde fai colaboracións artísticas con Menchu Lamas e Antón Patiño, así como cos músicos Enrique X. Macías e Julián Hernández (Siniestro Total). Traballou para a RTVG e o CDG, antes de emigrar aos Estados Unidos durante trinta anos, onde a súa obra se recolle en publicacións da Academia Norteamericana da Lingua Española, da que é membro. De regreso a Galicia, Avendaño volve a Rompente cos poemarios Que hostia din os rumororosos? (2021) e CAOSMOS (2022) con Antón Patiño. Autor de literatura infantil (dous Premios Barco de Vapor), teatro e tradutor ao galego de clásicos da literatura en inglés, Avendaño recibiu os recoñecementos máis importantes da prensa hispana dos Estados Unidos, así como tres Premios Emmy™ da Academia da TV estadounidense.

Autoría foto autor: Alexandra Arata.

As súas obras

Aventuras de Sol
aventuras sol
12.00€ CON IVE

COLECCIÓN

Árbore a partir de 10 anos

A avoa e mais eu
foto
esgotado
A bolsa amarela
bolsa amarela
esgotado
A cadeliña rariña
cadeliña rariña
esgotado
A mamá que perdeu as cóxegas
A mamá que perdeu as cóxegas
12.40€ CON IVE
A marela Tarabela
marela tarabela
10.50€ CON IVE
A toupiña cegarata
a toupiña cegarata
14.50€ CON IVE
A verdadeira historia da mosca da tele
mosca
12.40€ CON IVE
A verdadeira historia do burro Feldespato
historia feldespato
esgotado