Unha obra fundamental da tradición literaria ocidental. Dirixida polo profesor M. C. Díaz y Díaz, unha autoridade nas letras clásicas
Desde a Idade Media ao Renacemento Ovidio non deixa de estar presente na tradición literaria europea. Esta edición galega das Metamorfoses preséntase en dous volumes, o primeiro inclúe unha extensa introdución á obra e vida do autor. amáis dun interesantísimo Diccionario de nomes, no que se dan as claves de múltiples referencias que aparecen no texto, o segundo tomo é o dedicado ao texto de Ovidio, que se publica en edición bilingüe, coma todos os títulos desta colección
Comparte nas túas redes sociais ou por email
Detalles do libro
Páxinas: 428+760
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 10/01/2005
Dimensións 13,5 x 21 cm. mm.
Colección: Clásicos en galego
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-8288-772-2
Observacións:
AUTORES/AS
Nasón, Ovidio
Publio Ovidio Nasón. Sulmona 43 a.C.- Mar Negro 17 d. C..
Viviu en Roma e coñeceu alí a outros grandes escritores da época coma Horacio e Propercio.