
É unha das autoras máis recoñecidas da literatura infantil e xuvenil galega. Comezou a escribir moi nova e a recibir premios e distincións literarias. Desde entón non deixa de soñar historias, o que deu como froito os máis de cincuenta títulos que ten nas librerías. Entre eles, podemos destacar volumes de poesía e narrativa, como é o caso de Faíscas (Galaxia, 2009), Matías, un pito de campionato (Galaxia, 2010), Rubicundo, Vagalume de versos (Galaxia, 2014), A cazadora de estrelas, O neno Inverno (Galaxia, 2016), Muriel, co que obtivo o Premio Merlín 2017, Candorcas e unicornios (Galaxia, 2019) e Teño un volcán dentro (Galaxia, 2023) Premio Carlos Mosteiro 2022. Tamén ten obras pensadas para o público adulto, como O lado do que dormes e Non é París.
Desde hai uns anos podes vela na TVG, pois guionizou e presentou distintos programas de corte cultural, e coa obra H2… OH!!! (Galaxia, 2021) gañou o Premio Follas Novas, na categoría de Mellor Libro de Divulgación do ano 2021.
Tamén podes achegarte a falar con ela en @_MariaCanosa.