Un achegamento á obra de Colmeiro, unha das grandes achegas realizadas dende o mundo da arte á cultura galega do século XX.
Manuel Colmeiro naceu en Chapa (Silleda) en 1901. A súa longa experiencia artística está vencellada a cidades como Buenos Aires, Madrid e principalmente París. Pero é Galicia, o seu mundo campesiño e a súa paisaxe, a inesgotable provedora da súa sensibilidade plástica. A obra de Colmeiro esta hoxe presente en pinacotecas de todo o mundo.
Muxía, 1953. Licenciado en Historia da Arte e Arqueoloxía pola Universidade de Santiago e doutor en Arte pola Universidade Complutense de Madrid. Ampliou os seus coñecementos de arte contemporándea no MOMA e no Metropolitan Museum de Nova York. Desenvolveu postos de grande responsabilidade no mundo da arte: foi director da sección de Artes Plásticas da Dirección Xeral de Cultura da Xunta, organizador da Bienal de Arte de Pontevedra e conservador do CGAC. Como docente, impartiu aulas no Liceo Internacional de París e na Universidade de Vigo. Ademais da súa laboura como crítico de arte, tirou do prelo obras como A arte galega dos 80, Laxeiro e Arte e nacionalismo.