Unha aproximación ao escultor que no século XVIII introduciu en Galicia os principios estilísticos do rococó.
Xosé Gambino (1719-1775) achegou a Galicia innovacións iconográficas e conceptos compositivos que creban a dependencia que a escultura galega viña mantendo respecto da castelá. Sempre vencellado a Santiago de Compostela, Gambino forma parte dunha notabilísima constelación de artistas entre os que se atopan figuras tan importantes como Casa Novoa, Ferro Caaveiro, Lois de Monteagudo e Xosé Ferreiro.